Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:
Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con 209,37 € de doazóns (223,99 € menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:
NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.
Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses:
DigitalClouding (Plataforma de servizos):
- Servidores: 25,76 €
- Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,76 €
- Backups: 5,15 €
- Total (+ IVA): 44,29 €
SendInBlue:
- Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €
NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso
Con respeto a temas moderación:
- Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas.
- Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas.
- Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas.
- Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita
- Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.)
Saúdos e ata a próxima!!
deleted by creator