🌧️ ê Rafa 💛🤍💜🖤

Boas!!

Meu nome é Rafa, son da Coruña, fun aos dominicos e logo estudiei na facultade de informática da Universidade da Coruña. Actualmente traballo coma desenvolvedore en react e dotnet.

Son actualmente e administradore de foros.fediverso.gal

  • 9 Posts
  • 3 Comments
Joined 2 years ago
cake
Cake day: November 27th, 2022

help-circle







  • Vale xente, actualización disto.

    Co tema da publicidade, aceptaron teren un banner na páxina sobre mastodon.gal (mastodon.gal/about) e no lateral de lemmy da páxina principal de (foros.fediverso.gal), tamén indicar nas políticas de privacidade, e, cando teñamos o frontal de fediverso.gal, unha sección especial de padroadores.

    O padroado vai ser dun ano (ao rematar o ano volverán poñerse en contacto para ver se podemos renovalo), tempo nos que estaremos usando os seus servizos integramente sen coste (menos o S3, que seguirá sendo xerido por DigitalClouding). O servidor vai ser duns 6GB de RAM, 60GB de espazo e so ten instalado unha distro de Linux sen software propio e demais, polo que podemos cacharrear nel e instalar o que nos goste.

    Nos próximos días vou ir migrando servizos, conservando iso si as máquinas nos actuais por se temos que voltar de novo ou temos calquer problema. De momento imos facer o seguinte:

    1. Migración da BD de Lemmy a un PostgreSQL na máquina de Dinahosting
    2. Migración da BD de Mastodon a outro PostgreSQL na máquina de Dinahosting
    3. Migración de Lemmy a Dinahosting (rematando con isto a migración de foros.fediverso.gal)
    4. Migración de Mastodon a Dinahosting (rematando con isto a migración de mastodon.gal)
    5. Cando leve un tempo prudencial (unha quincena ou así), purgaremos as máquinas dos servidores actuais.

    Non hai plazos porque non quero pillarme as más, pero o anuncio para que o saibades.